SIFC02

 

SIFC02 - Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma

Familia: Informática e comunicacións
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: SIFC02
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
A competencia xeral deste título consiste en desenvolver, implantar, documentar e manter aplicacións informáticas multiplataforma, utilizando tecnoloxías e contornos de desenvolvemento específicos, garantindo o acceso aos datos de xeito seguro e cumprindo os criterios de usabilidade e calidade esixidos nos estándares establecidos.

 

En que ámbitos se traballa?
As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en entidades públicas ou privadas de calquera tamaño, tanto por conta allea como por conta propia, e desempeñan o seu traballo na área de desenvolvemento de aplicacións informáticas multiplataforma en diversos ámbitos: xestión empresarial e de negocio, relacións con clientes, educación, lecer, dispositivos móbiles e entretemento; aplicacións desenvolvidas e implantadas en contornos de alcance intranet, extranet e Internet; e implantación e adaptación de sistemas de planificación de recursos empresariais e de xestión de relacións con clientes.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Desenvolvedor/ora de aplicacións informáticas para a xestión empresarial e de negocio; desenvolvedor/ora de aplicacións de propósito xeral; desenvolvedor/ora de aplicacións no ámbito do entretemento e a informática móbil.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0373 Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información 133 5
MP0483 Sistemas informáticos 186 7
MP0484 Bases de datos 187 7
MP0485 Programación 240 9
MP0487 Contornos de desenvolvemento 107 4
MP0493 Formación e orientación laboral 107 4
MP0486 Acceso a datos 157 9
MP0488 Desenvolvemento de interfaces 140 8
MP0489 Programación multimedia e dispositivos móbiles 123 7
MP0490 Programación de servizos e procesos 70 4
MP0491 Sistemas de xestión empresarial 87 5
MP0492 Proxecto de desenvolvemento de aplicacións multiplataforma 26
MP0494 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0495 Formación en centros de traballo 384




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).