SIMA03

 

SIMA03 - Mecatrónica industrial

Familia: Instalación e mantemento
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: SIMA03
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Configurar e optimizar sistemas mecatrónicos industriais, así como planificar, supervisar e/ou executar a súa montaxe e o seu mantemento, seguindo os protocolos de calidade, de seguridade e de prevención de riscos laborais, e de respecto ambiental.

 

En que ámbitos se traballa?
En empresas, maioritariamente privadas, dedicadas ao desenvolvemento de proxectos, a xestión e a supervisión da montaxe, e o mantemento de sistemas mecatrónicos ou instalacións de maquinaria, equipamento industrial e liñas automatizadas, por conta propia ou allea.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a en planificación e programación de procesos de mantemento de instalacións de maquinaria e equipamento industrial; xefe/a de equipo de montadores/as de instalacións de maquinaria e equipamento industrial; xefe/a de equipo de mantedores/as de instalacións de maquinaria e equipamento industrial.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0935 Sistemas mecánicos 187 7
MP0937 Sistemas eléctricos e electrónicos 213 8
MP0938 Elementos de máquinas 107 4
MP0939 Procesos de fabricación 213 8
MP0940 Representación gráfica de sistemas mecatrónicos 133 5
MP0946 Elementos de máquinas 107 4
MP0936 Sistemas hidráulicos e pneumáticos 105 6
MP0941 Configuración de sistemas mecatrónicos 140 8
MP0942 Procesos e xestión de mantemento e calidade 105 6
MP0943 Integración de sistemas 157 9
MP0944 Simulación de sistemas mecatrónicos 70 4
MP0945 Proxecto de mecatrónica industrial 26
MP0947 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0948 Formación en centros de traballo 384




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).