SINA02

 

SINA02 - Procesos e calidade na industria alimentaria

Familia: Industrias alimentarias
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: SINA02
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
A competencia xeral deste título consiste en organizar e controlar os procesos de elaboración de produtos alimentarios programando e supervisando as operacións e os recursos materiais e humanos necesarios, aplicando os plans de produción, calidade, seguridade alimentaria, prevención de riscos laborais e protección ambiental, de acordo coa lexislación.

 

En que ámbitos se traballa?
As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en empresas pequenas, medianas ou grandes da industria alimentaria integradas nun equipo de traballo onde realizan tarefas de xestión da produción, organización e control, nas áreas funcionais de loxística, investigación e desenvolvemento, calidade, seguridade alimentaria, prevención de riscos laborais e protección ambiental. Actúan como mandos intermedios baixo a supervisión de persoal responsable técnico de nivel superior, aínda que en pequenas empresas dispoñen dun maior grao de autonomía, e poden asumir labores de xestión e dirección de empresa.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Xefe/a de liña, de planta de fabricación, de sección ou de almacén; xefe de quenda; supervisor/ora de equipamentos, procesos e produtos; encargado/a de produción; encargado/a de elaboración de novos produtos e desenvolvemento de procesos; técnico/a en análise de alimentos; técnico/a en análise sensorial; técnico/a en laboratorio de control de calidade; inspector/ora ou auditor/ora de calidade; encargado/a da xestión da seguridade alimentaria; encargado/a de aprovisionamentos; encargado/a da liña de envasamento e embalaxe; encargado/a de control ambiental e seguridade laboral; técnico/a comercial.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0191 Mantemento electromecánico en industrias de proceso 133 5
MP0463 Biotecnoloxía alimentaria 107 4
MP0464 Análise de alimentos 160 6
MP0465 Tratamentos de preparación e conservación dos alimentos 160 6
MP0466 Organización da produción alimentaria 107 4
MP0468 Nutrición e seguridade alimentaria 107 4
MP0470 Innovación alimentaria 79 3
MP0472 Formación e orientación laboral 107 4
MP0084 Comercialización e loxística na industria alimentaria 123 7
MP0086 Xestión de calidade e ambiental na industria alimentaria 87 5
MP0462 Tecnoloxía alimentaria 210 12
MP0467 Control microbiolóxico e sensorial dos alimentos 70 4
MP0469 Procesos integrados na industria alimentaria 87 5
MP0471 Proxecto en procesos e calidade na industria alimentaria 26
MP0473 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0474 Formación en centros de traballo 384

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2018-2019.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
A Coruña 15027897 CIFP Paseo das Pontes 881961030
Ribeira 15014556 CIFP Coroso 881866874

Lugo



Concello Código Centro educativo Teléfono
Lugo 27006516 CIFP Politécnico de Lugo 982220328




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).