SMAP01

 

SMAP01 - Acuicultura

Ciclo formativo
Familia: Marítimo-pesqueira
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: SMAP01
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Planificar, organizar e supervisar as actividades de produción acuícola, coordinando os recursos dispoñibles para conseguir a calidade requirida do produto, cumprindo a normativa aplicable.

 

En que ámbitos se traballa?
Áreas de cultivo de plancto, reprodución, cultivo larvario e de poslarvas, sementes ou crías, criadeiro e engorde, por conta propia ou allea, en PME e en grandes empresas de natureza pública ou privada, centros de investigación e exposición de animais mariños, empresas de produción de peixes de acuario e confrarías de mariscadores. Coordina responsables das áreas de produción.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Responsable técnico do cultivo larvario de peixes e da reprodución de peixes de auga de mar e continental, da reprodución e do cultivo larvario de moluscos e crustaceos, de preengorde e engorde de moluscos, crustaceos e de peixes de auga de mar e continental; técnico ambiental para a acuicultura; técnico en patoloxías en acuicultura, en industrias de derivados e elaboracións da pesca e da acuicultura, empresas, buques factoría e lonxas, en laboratorio de control de calidade de produtos da pesca; responsable técnico/a en acuarofilia; deseñador/ora e montador/ora de espazos de exhibición en acuarofilia.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP1026 Formación e orientación laboral 107 4
MP1020 Técnicas analíticas e métodos de control sanitario en acuicultura 107 4
MP1015 Técnicas e xestión da produción de cultivos auxiliares 187 7
MP1017 Técnicas e xestión da produción de moluscos 292 11
MP1016 Técnicas e xestión da produción de peixes 267 10
MP1022 Acuarofilia 140 8
MP1024 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP1023 Formación en centros de traballo 384
MP1019 Instalacións, innovación e sistemas de automatización en acuicultura 192 11
MP1025 Proxecto de implantación dun centro de produción acuícola 26
MP1018 Técnicas e xestión da produción de crustáceos 175 10
MP1021 Xestión ambiental dos procesos acuícolas 70 4

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.

Pontevedra



Concello Código Centro educativo Teléfono
Illa de Arousa, A 36020209 IGAFA Instituto Galego de Formación en Acuicultura 886159304




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).