SQUI02

 

SQUI02 - Química industrial

Familia: Química
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: SQUI02
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Organizar e controlar as operacións das plantas de proceso químico e de coxeración de enerxía e servizos auxiliares asociados, supervisando e asegurando o seu funcionamento, as postas en marcha e as paradas, e verificando as condicións establecidas de seguridade, de calidade e ambientais.

 

En que ámbitos se traballa?
No sector químico nas áreas de produción de plantas químicas, de coxeración de enerxía e de servizos auxiliares.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Encargado/a de planta química. Encargado/a de operacións de máquinas para fabricar, transformar e acondicionar produtos químicos. Supervisor/ora de área de produción de enerxía. Supervisor/ora de área de servizos auxiliares. Supervisor/ora de refinarías de petróleo e gas natural. Xefe/a de equipo en instalacións de tratamento químico. Xefe/a de equipo en almacéns en industrias químicas. Xefe/a de parque de tanques en industrias químicas. Xefe/a de zona de recepción e expedición de materias e produtos químicos. Supervisor/ora de sistemas de control. Supervisor/ora de cuarto de control. Supervisor/ora de área en plantas de química de transformación. Supervisor/ora de área de acondicionamento. Responsable de formulación.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0186 Transporte de sólidos e fluídos 160 6
MP0188 Operacións básicas na industria química 266 10
MP0191 Mantemento electromecánico en industrias de proceso 133 5
MP0192 Formulación e preparación de mesturas 107 4
MP0193 Acondicionamento e almacenaxe de produtos químicos 107 4
MP0194 Prevención de riscos en industrias químicas 80 3
MP0196 Formación e orientación laboral 107 4
MP0185 Organización e xestión en industrias químicas 70 4
MP0187 Xeración e recuperación de enerxía 157 9
MP0189 Reactores químicos 140 8
MP0190 Regulación e control de proceso químico 210 12
MP0195 Proxecto de industrias de proceso químico 26
MP0197 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0198 Formación en centros de traballo 384




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).