SSAN03

 

SSAN03 - Ortoprótese e produtos de apoio

Familia: Sanidade
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: SSAN03
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Deseñar, elaborar e adaptar orteses, próteses, ortopróteses e produtos de apoio realizados de acordo co establecido na regulamentación destes produtos na normativa vixente, atendendo á prescrición oficial correspondente e á avaliación física e psicosocial da persoa usuaria, así como efectuar o seu seguimento e o seu mantemento, e organizar e xestionar o establecemento ortoprotésico.

 

En que ámbitos se traballa?
Sector sociosanitario, subsector da ortopedia técnica, como técnico/a ou responsable técnico/a dos establecementos con servizo de fabricación á medida ou de adaptación individualizada de produtos ortoprotésicos e produtos de apoio. Sector industrial, como técnico/a de fabricación, baixo a supervisión do/da responsable técnico/a, nas empresas de fabricación seriada de produtos sanitarios, tanto ortoprotésicos como de apoio. Técnico/a das empresas de fabricación seriada de produtos de apoio que non teñan a consideración de produtos sanitarios. En equipos multidisciplinares en institucións de investigación, desenvolvemento e innovación, ou como persoal sanitario non facultativo de centros e institucións sanitarias de carácter público e privado; en centros e institucións sociosanitarias. Fabricante de produtos ortoprotésicos á medida, en réxime de autónomo/a ou logo da constitución dunha empresa, mediante a obtención da licenza correspondente.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a superior en ortoprotésica; técnico/a ortopédico/a, en produtos de apoio, en adecuación do contorno e accesibilidade e da fabricación en serie de produtos ortoprotésicos e produtos de apoio; responsable técnico/a de establecementos de adaptación e/ou distribución de produtos ortoprotésicos, da fabricación á medida de produtos ortoprotésicos e produtos de apoio e de taller de ortopedia hospitalario; visitador/ora ou promotor/ora sanitario; asesor/ora de produtos e servizos do sector.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0061 Anatomofisioloxía e patoloxía básicas 107
MP0325 Tecnoloxía industrial aplicada á actividade ortoprotésica 133
MP0326 Deseño e moldeamento anatómico 160
MP0328 Elaboración e adaptación de produtos ortésicos á medida 213
MP0331 Biomecánica e patoloxía aplicada 240
MP0334 Formación e orientación laboral 107
MP0327 Adaptación de orteses prefabricadas 105
MP0329 Elaboración e adaptación de próteses externas 210
MP0330 Adaptación de produtos de apoio 157
MP0332 Atención psicosocial 105
MP0333 Proxecto de ortopróteses e produtos de apoio 26
MP0335 Empresa e iniciativa emprendedora 53
MP0336 Formación en centros de traballo 384




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).