SSSC01

 

SSSC01 - Educación infantil

Familia: Servizos socioculturais e á comunidade
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: SSSC01
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Deseñar, pór en práctica e avaliar proxectos e programas educativos de atención á infancia no primeiro ciclo de educación infantil no ámbito formal, consonte a proposta pedagóxica elaborada por un mestre ou unha mestra coa especialización en educación infantil ou título de grao equivalente, e en toda a etapa no ámbito non formal, xerando contornos seguros e en colaboración con profesionais e coas familias.

 

En que ámbitos se traballa?
No sector da educación formal e non formal e no sector dos servizos sociais de atención á infancia.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Educador ou educadora infantil en primeiro ciclo de educación infantil, sempre baixo a supervisión dun mestre ou dunha mestra, en institucións públicas e privadas. Educador ou educadora en institucións ou en programas específicos de traballo con menores (de cero a seis anos) en situación de risco social, ou en medios de apoio familiar, seguindo as directrices doutros profesionais. Educador ou educadora en programas ou actividades de lecer e tempo libre infantil con menores de cero a seis anos: ludotecas, casas de cultura, bibliotecas, centros educativos, centros de lecer, granxas escola, etc.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0011 Didáctica da educación infantil 240 9
MP0013 O xogo infantil e a súa metodoloxía 187 7
MP0014 Expresión e comunicación 213 8
MP0015 Desenvolvemento cognitivo e motor 213 8
MP0021 Formación e orientación laboral 107 4
MP0012 Autonomía persoal e saúde infantil 155 9
MP0016 Desenvolvemento socioafectivo 123 7
MP0017 Habilidades sociais 123 7
MP0018 Intervención con familias e atención a menores en risco social 123 7
MP0019 Proxecto de atención á infancia 26
MP0020 Primeiros auxilios 53 3
MP0022 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0023 Formación en centros de traballo 384




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).