mfme02

 

MFME02 - Soldadura e caldeiraría

Familia: Fabricación mecánica
Sistema educativo: LOE
Grao: medio
Horas: 2000
Código: MFME02
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Executar os procesos de fabricación, montaxe e reparación de elementos de caldeiraría, canalizacións, estruturas metálicas e carpintaría metálica aplicando as técnicas de soldadura, de mecanizado e de conformación, e cumprindo as especificacións de calidade, prevención de riscos laborais e protección ambiental.

 

En que ámbitos se traballa?
Nas industrias de fabricación, reparación e montaxe de produtos de caldeiraría, carpintaría e estrutura relacionadas cos subsectores de construcións metálicas e navais, e de fabricación de vehículos de transporte, encadradas no sector industrial.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Soldador/ora e oxicortador/ora. Operador/ora de proxección térmica. Chapista e caldeireiro/eira. Montador/ora de estruturas metálicas. Carpinteiro/eira metálico/a. Tubeiro/eira industrial de industria pesada.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0007 Interpretación gráfica 133 5
MP0091 Trazado, corte e conformación 213 8
MP0092 Mecanizado 160 6
MP0093 Soldadura en atmosfera natural 347 13
MP0096 Formación e orientación laboral 107 4
MP0006 Metroloxía e ensaios 123 7
MP0094 Soldadura en atmosfera protexida 261 15
MP0095 Montaxe 193 11
MP0097 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0098 Formación en centros de traballo 410




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).