CM Emerxencias e Protección Civil


Período especial de admisión para o Ciclo medio Emerxencias e Protección Civil.

O día 2 de outubro publicouse no DOG a Orde do 23 de setembro de 2015 pola que se modifica a Orde do 10 de xuño de 2015 pola que se actualiza a oferta de formación profesional do sistema educativo, polo réxime ordinario, en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2015-2016.  Acceso á orde.

A orde amplía a oferta formativa existente, como consecuencia, cómpre abrir un período especial de admisión para o ciclo de grao medio de formación profesional de Emerxencias e Protección Civil no IES Antón Losada Diéguez da Estrada.

Prazo de presentación de solicitudes: do 5 ao 9 de outubro ás 13:00 horas, no IES Antón Losada Diéguez. A Estrada

Documentación e listaxes do procedemento de admisión

         (O prazo de reclamación a listaxe provisional abrangue dende o mércores 14 ata as 13:00 horas do venres 16 de outubro de 2015)

Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa de admisión).