Concesión da Carta Erasmus de Educación Superior (ECHE) 2014-2020

A páxina web da Axencia Executiva (EACEA) publica a relación de institucións ás que se lles  concedeu unha Carta Universitaria Erasmus de Educación Superior (ECHE) na convocatoria 2013, que será válida durante toda a vixencia do futuro Programa Erasmus+ (2014-2020).

A ligazón para consultar os beneficiarios Carta Erasmus é: http://eacea.ec.europa.eu/funding/2014/documents/eche_2014_list_of_awarded_applications.xls 

Obtención do PIC e alta da institución no URF

Todas as institucións de educación superior que obtiveran unha ECHE deberán rexistrarse no Sistema de Rexistro Único (Unique Registration Facility -URF), a través do que se obterá un Código de Identificación do Participante (Participant Identification Code-PIC), necesario para participar en Erasmus+.  Poderá acceder a este sistema a través da seguinte ligazón: http://ec.europa.eu/education/participants/portal/desktop/en/home.html  Para acceder ao mesmo, o usuario deberá autenticarse coa súa conta ECAS.

Aquelas institucións que xa conten cun  PIC por ter participado nalgún proxecto do 7º Programa Marco (FP7) non necesitarán volver a solicitar un novo PIC, aínda que poderán actualizar os seus datos, no caso de que fora necesario.  Esta información está dispoñible na última columna da listaxe de institucións que obtiveron a ECHE.

Comunicación do PIC á EACEA

Unha vez obtido o PIC, este se deberá comunicar á EACEA a través da seguinte ligazón: http://ec.europa.eu/yourvoice/ipm/forms/dispatch?form=ErasmusCharter  Sen esta comunicación, a EACEA non poderá proceder á emisión da Carta Erasmus de Educación Superior, necesaria para participar no programa.

Publicación da ECHE e da EPS.

Cando se reciba a Carta Erasmus de Educación Superior, se deberá proceder a súa sinatura (representante legal) e a súa publicación, xunto coa Declaración de Política Erasmus (Erasmus Policy Statement-EPS) contida na solicitude da ECHE. 

Recomendacións dos avaliadores e seguimento da ECHE

Todas as institucións que recibiran comentarios e recomendacións dos avaliadores, deberán realizar as actuacións necesarias para cumprilos antes do inicio das actividades de mobilidade do curso académico 2014/15.  A Axencia Nacional realizará un seguimento sobre o cumprimento das mesmas unha vez iniciadas ditas actividades de mobilidade.  O incumprimento destas recomendacións podería supoñer a anulación da Carta Erasmus de Educación Superior e, polo tanto, da participación da institución en el programa, polo que se deberá prestar atención ás mesmas. En calquera caso, a Axencia Nacional realizará un seguimento do cumprimento dos compromisos establecidos na Carta Erasmus de Educación Superior a todas as institucións que participen no programa.

Listaxe de centros educativos de Galicia con ensinanzas de formación profesional que dispoñen de Carta Erasmus (ECHE) 2014-2020 

Premer en cada provincia para consultar os centros educativos agrupados por concellos.

 

A Coruña
  • A Coruña

    15005221 - IES Plurilingüe Eusebio da Guarda

    15005257 - IES Ramón Menéndez Pidal

    15005270 - CPR Novacaixagalicia

    15005397 - IES Fernando Wirtz Suárez

    15005506 - E.ART Pablo Picasso

    15022607 - CIFP Ánxel Casal - Monte Alto

    15024513 - CIFP Someso

    15026492 - CMUS Superior da Coruña

    15027800 - IES Imaxe e Son

    15027897 - CIFP Paseo das Pontes

    15005269 - IES Urbano Lugrís

  • Arteixo

    15023314 - IES de Sabón

  • Arzúa

    15027733 - IES de Arzúa

  • Betanzos

    15001148 - IES As Mariñas

  • Cee

    15003224 - IES Fernando Blanco

  • Coristanco

    15021974 - EFAG Fonteboa

  • Culleredo

    15005749 - IES Universidade Laboral

  • Ferrol

    15006754 - CIFP Ferrolterra

    15006778 - CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro

    15021469 - IES Leixa

  • Ribeira

    15014556 - CIFP Coroso

    15027711 - IES Leliadoura

  • Santiago de Compostela

    15015755 - IES Plurilingüe Rosalía de Castro

    15015767 - CIFP Politécnico de Santiago

    15015834 - E.ART Mestre Mateo

    15016000 - CIFP Compostela

    15021482 - IES San Clemente

    15026753 - IES A Pontepedriña

    15027058 - IES As Fontiñas

  • Pontes de García Rodríguez, As

    15025694 - IES Moncho Valcarce

Lugo
  • Burela

    27013934 - IES Perdouro

    27013958 - IES Monte Castelo

  • Lugo

    27006516 - CIFP Politécnico de Lugo

    27006528 - CIFP As Mercedes

    27006531 - IES Lucus Augusti

    27006589 - E.ART Ramón Falcón

    27015773 - IES Muralla Romana

    27016455 - IES Sanxillao

  • Monforte de Lemos

    27015311 - IES A Pinguela

  • Ribadeo

    27020793 - CIFP Porta da Auga

  • Sarria

    27012036 - IES Gregorio Fernández

  • Viveiro

    27013636 - IES María Sarmiento

Ourense
  • O Carballiño

    32015037 - IES Manuel Chamoso Lamas

  • Ourense

    32008902 - CIFP A Carballeira - Marcos Valcárcel

    32009116 - IES 12 de Outubro

    32015050 - CIFP A Farixa

    32016030 - E.ART Antonio Failde

    32016765 - CIFP Portovello

  • Xinzo de Limia

    32014801 - IES Cidade de Antioquía

Pontevedra
  • A Estrada

    36002359 - IES Antón Losada Diéguez

  • A Guarda

    36019244 - IES A Sangriña

  • Bueu

    36019463 - IES Johan Carballeira

  • Cangas

    36019475 - IES de Rodeira

  • Lalín

    36004137 - IES Ramón Mª Aller Ulloa

    36013758 - IES Laxeiro

  • Marín

    36015159 - IES Chan do Monte

  • Nigrán

    36015184 - IES Escolas Proval

  • O Porriño

    36019529 - IES Ribeira do Louro

  • Ponteareas

    36007552 - CIFP A Granxa

  • Pontevedra

    36006419 - IES Montecelo

    36018677 - IES Luís Seoane

    36019621 - ESCO de Conservación e Restauración de Bens Culturais

    36020064 - CIFP Carlos Oroza

  • Valga

    36020362 - IES de Valga

  • Vigo

    36011361 - CPR Plurilingüe San José de la Guía

    36011579 - IES A Guía

    36011622 - CPR Aloya

    36011634 - IES Politécnico de Vigo

    36011853 - CPR Daniel Castelao

    36013448 - CIFP Manuel Antonio

    36014568 - CIFP Valentín Paz Andrade

    36016085 - CMUS Superior de Vigo

    36017430 - IES Ricardo Mella

    36018173 - IES de Teis

    36024461 - IES Audiovisual de Vigo

    36024586 - ESAD Escola Superior de Arte Dramática de Galicia

  • Vilagarcía de Arousa

    36013771 - IES Fermín Bouza Brey

Programa de acción no ámbito da aprendizaxe permanente

Etiquetas: