Concurso de deseño e realización de cadeiras de madeira

A Fundación Cidade da Cultura de Galicia convoca un concurso de deseño de prototipos de cadeira, como parte das actuacións asociadas ao proxecto expositivo Da árbore á cadeira, que ten lugar no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia desde o 7 de abril ata o 5 de novembro de 2017.

Este concurso vai dirixido ás Escolas de Arte e Superiores de Deseño e aos centros de Formación Profesional, atendendo á natureza dos estudos impartidos e aos contidos curriculares.

A data límite para presentar os deseños será o 20 de setembro de 2017 e o xurado seleccionará aos premiados o día 21 do mesmo mes. A produción das cadeiras establécese entre o 22 de setembro e o 9 de outubro de 2017, para ser trasladadas o día 10 de outubro ao Museo Centro Gaiás. Estas cadeiras exhibiranse ata a fin da exposición o 5 de novembro de 2017.

Etiquetas: