Concurso Eduemprende Idea 2017

Publicada a Orde do 30 de marzo de 2017 pola que se convoca o concurso eduemprende Idea 2017, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.

Comprende dúas modalidades:

  • Modalidade A: ciclos de grao superior
  • Modalidade B: ciclos de grao medio

A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dous/dúas alumnos/as e un máximo de catro.

O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días naturais a partir do seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia (DOG do 17 de abril de 2017).

Etiquetas: