Concurso "Emprender desde la Escuela" 2017

A Confederación Española de Centros de Enseñanza (CECE) organiza e promove o concurso "Emprender desde la Escuela", que  ten por finalidade promover o espíritu emprendedor e empresarial dentro dos centros educativos. Está dirixido ao alumnado de Formación Profesional e Bacharelato, que deberá desenvolver unha idea de negocio, mediante a planificación das actividades necesarias para a creación e posta en funcionamento dunha empresa, a identificación dos produtos e/ou servizos en que se concrete a súa actividade, o estudo da viabilidade económica, o deseño dos plans e elementos de márketing, o desenvolvemento do plan de negocio, así como calquera outra actividade de análoga natureza vinculada co obxecto do proxecto.

O prazo de inscrición será ata o día 15 de abril de 2017.

Máis información e inscrición

Bases do concurso

Etiquetas: