Concurso Testemuños Europass

O Centro Nacional Europass ten en marcha, desde o pasado mes de decembro, un concurso a través do cal se seleccionarán as persoas que darán imaxe á campaña de difusión Europass en redes sociais durante o ano 2019.

A participación está aberta a calquera persoa maior de idade, que utilizase algún documento Europass e queira compartir en que medida foi de axuda. Búscanse participantes de todos os perfís (estudantes, docentes, profesionais, empresas, etc.) polo que a participación está aberta a calquera persoa e non só ao alumnado ou ao persoal docente. O prazo de participación estará aberto ata o 30 de xaneiro de 2019.