ME04 - Airlucus

Familia profesional:
Transporte e mantemento de vehículos
Centro educativo: CIFP As Mercedes
Lugo
Síntese da miniempresa:

Actividade de prestación de servizos con drons (avións dirixidos de xeito remoto), prioritariamente no ámbito rural e natural. As características destes contornos (terreos escarpados ou embarrados, neve acumulada, etc.) poden chegar a impedir ou dificultar a accesibilidade a determinadas zonas ou áreas xeográficas por medios convencionais, o que en determinadas condicións de illamento pode comprometer a supervivencia de persoas ou animais. Os drons empréganse principalmente con fins de supervisión e observación e, mesmo, de transporte de pequenas cargas. Constitúen un recurso versátil, económico e eficaz na gravación de vistas aéreas con múltiples aplicacións: medicións do solo, tratamentos fitosanitarios, salvamento, control de incendios, etc. O desenvolvemento desta tecnoloxía relativamente recente constitúe un campo en constante crecemento e expansión.

Airlucus
Airlucus
Airlucus
Airlucus

Acceda ao plano coa localización das miniempresas no andar 0 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.