ME10 - Aura

Familia profesional:
Imaxe persoal
Centro educativo: CIFP Someso
A Coruña
Síntese da miniempresa:

Venda e aplicación de produtos de postizaría, próteses capilares (perrucas, cellas, pestanas, extensións, etc.), complementos téxtiles, accesorios e adornos (panos, turbantes, gorros, etc.), cosméticos decorativos e outros produtos con certificación Bio-Eco (cremas, maquillaxes, etc.), para tratamentos estéticos e de imaxe persoal convencionais e oncolóxicos. Para a adecuación e a selección dos produtos aplícanse as técnicas e os criterios en función das características e as necesidades persoais (visaxismo, estilo, etc.), particularmente nos casos en que se precise un cambio ou mantemento da imaxe en situacións de necesidades estéticas especiais ou coidados reparadores específicos.

Acceda ao plano coa localización das miniempresas no andar 0 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.