ME12 - Bombeo Solar de Galicia SL

Familia profesional:
Electricidade e electrónica
Informática e comunicacións
Centro educativo: IES Lois Peña Novo
Vilalba
Síntese da miniempresa:

Definición e execución dun sistema autónomo de extracción de auga de pozo para explotacións gandeiras mediante bombeo directo, sen acumuladores, baseado en enerxía solar fotovoltaica. O sistema conta cun dispositivo que inicia a posta en funcionamento da bomba de extracción de auga só nas circunstancias óptimas de luz solar, situación na que o sistema opera coa máxima rendibilidade e eficiencia. Para abastecer a explotación nas condicións de insuficiencia de luz solar, a instalación dispón dun depósito de auga cunha capacidade de entre tres e cinco veces a demanda media diaria. Os valores do nivel da auga no depósito poden ser enviados a distancia a un dispositivo móbil configurado para o efecto.

Bombeo Solar de Galicia SL
Bombeo Solar de Galicia SL
Bombeo Solar de Galicia SL
Bombeo Solar de Galicia SL

Acceda ao plano coa localización das miniempresas no andar 0 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.