ME01 - EduKart

Familia profesional:
Fabricación mecánica
Transporte e mantemento de vehículos
Centro educativo: IES Universidade Laboral
Culleredo
Síntese da miniempresa:

Deseño e fabricación dun circuíto de karts (vehículos pequenos monopraza) con fins lúdicos e didácticos para educación viaria. Está composto principalmente por un vehículo e diversos sinais reguladores da circulación. O compromiso co ambiente é un dos principais piares do proxecto, polo que a maioría dos elementos que o compoñen están fabricados na súa maior parte con material de reciclaxe. O circuíto permite a súa montaxe e desmontaxe, e o seu traslado a calquera empresa ou institución que dispoña de espazo suficiente para a súa instalación, prioritariamente centros educativos. O servizo formalizarase a través dun contrato de arrendamento.

Acceda ao plano coa localización das miniempresas no andar 0 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.