ME14 - Ensino Avós

Familia profesional:
Informática e comunicacións
Centro educativo: IES Lois Peña Novo
Vilalba
Síntese da miniempresa:

Formación en alfabetización dixital a domicilio no manexo das novas tecnoloxías para persoas maiores (navegación segura pola rede; uso e manexo de dispositivos móbiles, táboas e computadores; configuración de periféricos, como impresora, escáner, etc.), así como a operación con ferramentas de tratamento de imaxes e programas informáticos de oficina (procesador de textos, follas de cálculo, etc.). O dominio destas destrezas axuda a mellorar a calidade de vida, aumenta a autonomía persoal, fomenta as relacións interxeracionais e favorece a ampliación da rede de apoio social das persoas, tan necesaria nesta etapa da vida, como axente de protección fronte á soidade e determinadas doenzas e trastornos (depresión, ansiedade, etc.).

Máis información:
Ensino Avós
Ensino Avós
Ensino Avós

Acceda ao plano coa localización das miniempresas no andar 0 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.