ME11 - Senlleiras Animación, S. Coop.

Familia profesional:
Servizos socioculturais e á comunidade
Centro educativo: CIFP Ánxel Casal - Monte Alto
A Coruña
Síntese da miniempresa:

Desenvolvemento dunha aplicación web accesible e intuitiva que ofrece unha ampla gama de servizos socioeducativos, recreativos e promocionais personalizados de calidade e a prol do desenvolvemento sustentable. Pretende fomentar tanto a participación interxeracional como a difusión do patrimonio material e inmaterial de Galicia. Concentra, nunha soa aplicación, proxectos e actividades de animación sociocultural, socioeducativa, turística e de lecer en xeral. Tamén pretende ser un punto de encontro entre profesionais da animación, particulares e entidades, ao conectar a oferta coa demanda personalizada. A interface está adaptada para persoas con discapacidade sensorial auditiva (LSE) e con opción de tradución ao castelán e inglés.

Acceda ao plano coa localización das miniempresas no andar 0 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.