ME08 - Vertigalia

Familia profesional:
Madeira, moble e cortiza
Centro educativo: CIFP Someso
A Coruña
Síntese da miniempresa:

Deseño e creación de xardíns e espazos verdes verticais, configurados a partir de materias primas vivas extraídas da propia natureza (plantas aromáticas, comestibles, medicinais, etc.) e de elementos non vivos (metais, madeiras, minerais, substratos, etc.), ademais doutros manufacturados polo home (moblaxe, armazóns, testos, etc.). Estes elementos combínanse procurando a harmonía e a funcionalidade, de xeito que configuren un ecosistema sustentable. Para a súa conservación e o seu coidado incorpórase un sistema automatizado de rega e mantemento.

Acceda ao plano coa localización das miniempresas no andar 0 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.