ME01 - Bolos Sarón

Familia profesional:
Fabricación mecánica
Ensinanzas:
Educación secundaria obrigatoria
Centro educativo: IES Illa de Sarón, Xove
Síntese da miniempresa:

Elaboración e comercialización de xogos de birlos celtas, un modelo dirixido ao público infantil e outro ao público adulto. A finalidade é dar a coñecer esta tradición e fomentar esta práctica deportiva. Para a súa fabricación utilízanse resinas, plásticos reciclados e cargas de aluminio para conseguir os pesos ideais.

Participantes:

Profesorado dos departamentos de Fabricación mecánica, Formación e orientación laboral e de Lingua galega.

Alumnado de 4º ESO e de segundo curso do ciclo formativo de grao superior de  Programación da produción en moldeamento de metais e polímeros.

Coordinadora: Lucía Noelia García García.

Máis información:

Acceda ao plano coa localización das miniempresas no andar 0 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.