ME02 - Grillz Design SLS

Familia profesional:
Sanidade
Centro educativo: CIFP Ánxel Casal - Monte Alto, A Coruña
Síntese da miniempresa:

Creación dun taller para a elaboración de Grillz, elemento estético de resalte das pezas dentais seguindo a moda de diferentes artistas, deportistas, cantantes de rap e hip hop. Os grillz están feitos de metal (a miúdo prata, ouro ou platino) levando, en ocasións, incrustacións de pedras preciosas.

Participantes:

Profesorado dos departamentos de Sanidade e de Formación e orientación laboral.

Alumnado de segundo curso do ciclo formativo de grao superior de Próteses dentais.

Coordinadora: Paula María Díaz Carballada.

Máis información:

Acceda ao plano coa localización das miniempresas no andar 0 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.