ME04 - Sostyle

Familia profesional:
Imaxe persoal
Centro educativo: CIFP Someso, A Coruña
Síntese da miniempresa:

Fabricación e colocación de próteses capilares (bigote, barba e patillas), extensións de cabelo e perrucas. A súa finalidade é a caracterización de personaxes en producións audiovisuais, TV e teatro así como tratamentos de alopecia e oncolóxicos, cubrindo en ambos os casos necesidades detectadas no mercado.

Participantes:

Profesorado dos departamentos de Imaxe persoal e Formación e orientación laboral.

Alumnado de primeiro curso dos ciclos formativos de grao superior de Estética integral e benestar e de Estilismo e dirección de peiteado.

Coordinadora: María del Carmen Oubel Portos.

Acceda ao plano coa localización das miniempresas no andar 0 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.