ME05 - Lagoa Xestión de Proxectos: EduSkp

Ensinanzas:
Educación secundaria obrigatoria e bacharelato
Centro educativo: IES Isaac Díaz Pardo, Sada
Síntese da miniempresa:

Deseño e fabricación dunha escape room con experiencias de xogo educativo adaptadas á temática solicitada polo cliente, ao número de xogadores e a calquera recinto. Os compoñentes do xogo son fabricados empregando electrónica, arduino, impresión 3D, e novas tecnoloxías, na procura da motivación e fidelización do cliente potencial.

Participantes:

Profesorado dos departamentos de Bioloxía, de Economía, de Francés, de Lingua galega e de Matemáticas.

Alumnado de 4º de ESO da materia de Iniciación á actividade emprendedora e empresarial. Alumnado de 1º e 2º de Bacharelato das materias de Robótica, de Tecnoloxía industrial e de Tecnoloxías da información e comunicación.

Coordinadora: Patricia Iglesias Noguerol.

Máis información:

Acceda ao plano coa localización das miniempresas no andar 0 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.