ME09 - Benestar Vexetal Biomondo

Familia profesional:
Agraria
Centro educativo: IES Plurilingüe San Rosendo, Mondoñedo
Síntese da miniempresa:

Empresa dedicada á venda de plantas aromáticas, de produtos obtidos da mesmas con fins biosaudables, culinarios ou cosméticos e de fragrancias e fitosanitarios. Ofrece un servizo de tratamentos ecolóxicos para patoloxías vexetais, incorporando un proxecto de cría de insectos para a loita biolóxica.

Participantes:

Profesorado do departamento de Agraria.

Alumnado de primeiro curso do ciclo formativo de grao medio de Xardinaría e floraría e do ciclo formativo de grao superior de Xestión forestal e do medio natural.

Coordinadora: Cristina Alonso Expósito.

Acceda ao plano coa localización das miniempresas no andar 0 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.