ME10 - Navia R3

Ensinanzas:
Educación primaria e Educación secundaria obrigatoria
Centro educativo:
CPI Plurilingüe de Navia de Suarna, Navia de Suarna
Síntese da miniempresa:

Elaboración de distintos produtos a través de procedementos ecolóxicos, entre eles os que cabe destacar xabóns e cremas artesáns (realizados con aceite usado, áloe vera, flores de lavanda, romeu, etc.), cestas de papel reciclado, bolsas de tea para usos múltiples, andeis para amosar a exposición e chapas publicitarias. Todos estes produtos están enmarcados nos principios da economía circular.

Participantes:

Profesorado dos departamentos de Física e química, de Educación plástica e visual, de Tecnoloxía e de Matemáticas.

Alumnado de 6º de Educación primaria e de Educación secundaria obrigatoria.

Coordinador: Jairo González Fernández.

Acceda ao plano coa localización das miniempresas no andar 0 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.