ME11 - Madémica

Familia profesional:
Madeira, moble e cortiza
Ensinanzas:
Artes plásticas e deseño
Centro educativo: CIFP Politécnico de Lugo, Lugo
Centros colaboradores:
EASD Ramón Falcón, Lugo
Síntese da miniempresa:

Deseño e fabricación dun novo revestimento que une dous referentes galegos, a madeira e a cerámica. O cliente poderá optar por utilizalo como elemento decorativo ou como recubrimento de paredes elixindo entre unha ampla gama a madeira e o deseño das pezas de cerámica creadas artesanalmente, obtendo así un produto personalizado.

Participantes:

Profesorado dos departamentos de Madeira, moble e cortiza e de Formación e orientación laboral do CIFP Politécnico de Lugo. Profesorado dos departamentos de Deseño de interiores e de Deseño de produto da EASD Ramón Falcón.

Alumnado de primeiro curso do ciclo formativo de grao superior de Deseño e amoblamento e do ciclo formativo de grao superior de Artes plásticas e deseño.

Coordinador: José Castor Corral Domínguez.

Acceda ao plano coa localización das miniempresas no andar 0 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.