ME16 - Parking Solucións
Automatización das entradas de garaxe ás vivendas. Mediante unha aplicación de Arduino xestiónase unha cámara lectora para o recoñecemento da placa de matrícula de persoas usuarias e un sistema auxiliar solapado para evitar a entrada de intrusos. Conta cun dispositivo que axuda á manobra de aparcamento avisando da distancia a unha parede mediante sinais sonoras e acendendo luz de cortesía para baixar do automóbil.
Profesorado dos departamentos de Electricidade e electrónica e de Informática e comunicacións.
Alumnado de primeiro curso do ciclo formativo de grao medio de Instalacións eléctricas e automáticas.
Coordinador: Emilio Silva Otero.

Acceda ao plano coa localización das miniempresas no andar 0 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.