ME17 - Tecnolife Galicia

Familia profesional:
Informática e comunicacións
Centro educativo: IES Lois Peña Novo, Vilalba
Síntese da miniempresa:

Empresa dedicada a reciclaxe e reutilización de material informático a partir de compoñentes en desuso para darlles outras utilidades. Tamén se ofrece a posibilidade de reparación e venda, a un prezo moito menor, a colectivos que non precisen dun aparello electrónico de grandes prestacións.

Participantes:

Profesorado dos departamentos de Informática e comunicacións e de Física e química.

Alumnado de primeiro curso do ciclo formativo de grao profesional básico de Informática de oficina.

Coordinadora: Josefa Paulos Lareo.

Máis información:

Acceda ao plano coa localización das miniempresas no andar 0 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.