ME18 - Vixía

Familia profesional:
Informática e comunicacións
Transporte e mantemento de vehículos
Centro educativo: IES Lois Peña Novo, Vilalba
Síntese da miniempresa:

Empresa dedicada a construción, comercialización, distribución e instalación no vehículo dun dispositivo con conexión telefónica e xeolocalización que permite contactar co servizo de emerxencia en caso de accidente de tráfico. Está destinado a vehículos que non dispoñan do sistema eCall de serie.

Participantes:

Profesorado dos departamentos de Informática e comunicacións e de Transporte e mantemento de vehículos.

Alumnado de primeiro curso do ciclo formativo de grao profesional básico de Mantemento de vehículos e alumnado de segundo curso do ciclo formativo de grao profesional básico de Informática de oficina.

Coordinadora: Marta Diz Alonso.

Máis información:

Acceda ao plano coa localización das miniempresas no andar 0 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.