in01 - E-Fogar dixital

Familias profesionais:
Electricidade e electrónica
Centro educativo coordinador: CIFP Politécnico de Santiago
Santiago de Compostela
Obxectivos:
  • Crear un espazo dedicado a prácticas reais de programación e control dun fogar dixital na aula
  • Poder poñer en práctica a normativa do regulamento da ICT e Código Técnico da Edificación (CTE)
  • Crear un adestrador real dun fogar dixital, onde se poidan facer prácticas reais de funcionamento
Síntese do proxecto:

Adaptación dunha aula do centro como vivenda domótica (fogar dixital) que cumpra o regulamento da ICT no anexo V o cal recolle a eficiencia enerxética, a seguridade e o control domótico dunha vivenda, así como a instalación de todos os servizos recollidos nos regulamentos do Código Técnico da Edificación (CTE).

Actividade na zona expositiva:
Adestrador domótico dunha aula do centro con KNX fogar dixital. Prácticas remotas de programación desde outros centros educativos.
Horario da actividade: Continuo
E-Fogar dixital

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.