in12 - PonteVan: a Formación Profesional na rúa

Familias profesionais:
Artes gráficas
Hostalaría e turismo
Sanidade
Transporte e mantemento de vehículos
Centro educativo coordinador: CIFP Carlos Oroza
Pontevedra
Obxectivos:
  • Crear un vehículo de comida na rúa real que sexa un referente autónomico, nacional e internacional, e modelo de creación futuras
  • Achegar a realidade da formación profesional a todos os ámbitos da vida pública e á sociedade
  • Por en valor o potencial dos centros de FP cando se unen distintas especialidades para a consecución dun fin común
Síntese do proxecto:

Deseño e creación dun vehículo propio de comida na rúa a través do traballo colaborativo de centros de formación profesional e empresas, que permitirá facer prácticas reais ao alumnado das familias profesionais de Hostalaría e Turismo e de Industrias Alimentarias, así como participar en campañas de difusión e fomento de diferentes produtos e servizos resultado da formación profesional.

Proxecto premiado na Convocatoria innovación 2016 na Modalidade A.
Obradoiro no congreso: Mércores 10 de maio ás 18:00 h

Listaxe de obradoiros no FPInnova

Actividade na zona expositiva:
Mostra do vehículo de comida realizado e un servizo de comida rápido no horario indicado cada día para 20 persoas.
Horario da actividade: Degustación ás 12:00 e 16:30
Ponte Van: FP na rúa
Ponte Van: FP na rúa

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.