in20 - Energy Bike

Familias profesionais:
Electricidade e electrónica
Enerxía e auga
Instalación e mantemento
Centro educativo coordinador: CIFP As Mercedes
Lugo
Obxectivos:
  • Investigar sobre a tecnoloxía dos distintos sistemas de produción de enerxía eléctrica producida por bicicletas estáticas
  • Desenvolver sistemas de inxección de electricidade á rede de distribución de enerxía producida nas propias vivendas
  • Realizar a análise da viabilidade económica da produción de electricidade en bicicletas estáticas para a súa venda ás empresas distribuidoras
Síntese do proxecto:

Investigación e desenvolvemento dunha bicicleta estática cun sistema de  recuperación de enerxía para producir electricidade e ser conectada á rede eléctrica da vivenda para o seu aproveitamento. Estúdase tamén a viabilidade económica da venda ás compañías distribuidoras de electricidade da enerxía sobrante.

Actividade na zona expositiva:
Exposición e información aos visitantes.
Horario da actividade: Continuo

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.