IN01 - Biomasa-stirling-fotovoltaica

Familias profesionais:
Enerxía e auga
Instalación e mantemento
Centro educativo coordinador: CIFP As Mercedes
Lugo
Entidades colaboradoras:
Geoclima ST
Obxectivos:
  • Demostrar o funcionamento e a viabilidade técnica de sistemas enerxéticos renovables-híbridos.
  • Probar que unha instalación renovable pode atender o 100% da demanda eléctrica e térmica dunha vivenda.
  • Deseñar e construír unha instalación que subministre enerxía a un coche eléctrico cuxa fonte de enerxía sexa de orixe 100% renovable.
Síntese do proxecto:

Módulo autónomo para a subministración de enerxía de orixe 100% renovable a unha vivenda. Mediante un sistema fotovoltaico-eólico subminístrase enerxía a baterías estacionarias ou a un vehículo eléctrico. Cando a enerxía eólico-solar non é suficiente, ponse en marcha un gasificador de biomasa para mover un xerador Stirling con recuperador de calor.

Proxecto premiado na Convocatoria innovación 2017 na Modalidade A.

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.