IN05 - Impresora Delta gran formato multifunción

Familias profesionais:
Fabricación mecánica
Madeira, moble e cortiza
Transporte e mantemento de vehículos
Centro educativo coordinador: CIFP Politécnico de Santiago
Santiago de Compostela
Centros colaboradores:
CIFP Valentín Paz Andrade
Entidades colaboradoras:
Makergal
Pellet Extruder 3D
Obxectivos:
  • Deseñar unha impresora de gran formato versátil, con capacidade de adaptación a futuras necesidades.
  • Construír unha impresora tipo Delta de gran tamaño, doadamente replicable por calquera centro educativo.
  • Crear unha impresora con cabezal intercambiable inxector-láser con capacidade de arrastrar grandes cargas.
Síntese do proxecto:

Deseñar e construír unha impresora para modelos en tres dimensións, polivalente e de gran formato, con capacidade de arrastre no cabezal de seis quilos, que permita incorporar unha ampla gama de ferramentas. O tamaño da impresora permite a creación de modelos a escala real de mobles e outros obxectos de gran tamaño.

Máis información:
Proxecto premiado na Convocatoria innovación 2017 na Modalidade A.

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.