IN06 - Dron/RPA

Familias profesionais:
Transporte e mantemento de vehículos
Centro educativo coordinador: CIFP As Mercedes
Lugo
Entidades colaboradoras:
Aerolugo
Globalgis Solutions
Obxectivos:
  • Deseñar e fabricar un dron en configuración á voadora e capacidade de engalaxe e aterraxe en vertical (VTOL).
  • Estudar a solución técnica e ambiental máis viable na produción do dron e na operación con el.
  • Incrementar a futura empregabilidade do alumnado co desenvolvemento do proxecto.
Síntese do proxecto:

Deseño e fabricación dun dron en configuración á voadora con engalaxe e aterraxe en vertical (VTOL), cunha autonomía superior a aquela coa que contan na actualidade os vehículos deste tipo, adoptando unha solución óptima no que respecta tanto á parte técnica como á ambiental.

Proxecto premiado na Convocatoria innovación 2017 na Modalidade A.

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.