IN15 - Árbore artificial para gabeo

Familias profesionais:
Agraria
Fabricación mecánica
Centro educativo coordinador: CIFP A Granxa
Ponteareas
Centros colaboradores:
IES de Salvaterra de Miño
Entidades colaboradoras:
Arbogal 2007, S.L.
Reparación, Soldadura, Maquinaria, S.L. (Resomaq, S.L.)
Punto Emprego Galego, S.L.
Construcciones Metálicas Vigo, S.A. (Comevisa)
Metálica Gallega de Transformados y Acabados, S.L. (Megalta)
Obxectivos:
  • Deseñar e realizar infraestruturas que faciliten a aprendizaxe das técnicas de traballo en altura en arboredo con seguridade.
  • Dotar o centro dun equipamento innovador para a aprendizaxe das técnicas de poda, protexendo a saúde do patrimonio arbóreo do centro.
  • Mellorar os procesos de produción e prestación de servizos no ciclo medio de Soldadura e Caldeiraría, da familia de Fabricación Mecánica.
Síntese do proxecto:

Deseño, fabricación e montaxe dun prototipo innovador para a práctica do gabeo e os traballos en altura en arboredo, que permita mellorar a destreza e a seguridade do alumnado, así como a saúde e a seguridade do patrimonio arbóreo do centro. Isto levará consigo, ademais, a realización dun proxecto completo e complexo de estrutura metálica.

Proxecto premiado na Convocatoria innovación 2017 na Modalidade B.
Árbore artificial. Deseño e construción dunha estrutura para a práctica segura dos traballos en altura en arboredo
Árbore artificial. Deseño e construción dunha estrutura para a práctica segura dos traballos en altura en arboredo
Árbore artificial. Deseño e construción dunha estrutura para a práctica segura dos traballos en altura en arboredo

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.