IN30 - Tenda electrónica en rede

Familias profesionais:
Comercio e márketing
Informática e comunicacións
Centro educativo coordinador: IES Chan do Monte
Marín
Centros colaboradores:
CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro
IES Xulián Magariños
Obxectivos:
  • Pór a disposición dos centros educativos unha ferramenta didáctica que permita crear doadamente unha tenda en liña.
  • Fomentar o traballo colaborativo en rede entre os centros educativos, coa creación dunha wiki para manter actualizados os contidos creados.
  • Facilitar o empredemento do alumnado, ao crearse unha ferramenta sinxela para a creación dunha tenda en liña.
Síntese do proxecto:

Creación dunha ferramenta didáctica que permita aos centros educativos desenvolveren dun xeito sinxelo un panel con noventa tendas de comercio electrónico, en rede, a través do emprego da ferramenta CRM Prestashop. Realización de material para a súa posta en marcha nas aulas, con actividades e prácticas de comercio electrónico.

Máis información:
Proxecto premiado na Convocatoria innovación 2017 na Modalidade B.

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.