IN14 -

Ti2=i

Familias profesionais:
Electricidade e electrónica
Fabricación mecánica
Centro educativo coordinador: IES Monte Neme
Carballo
Entidades colaboradoras:
ASPABER
ONCE
Allnet Ibérica
Obxectivos:
  • Aplicar a tecnoloxía e a innovación para favorecer a integración das persoas con diversidade funcional.
  • Realizar adaptacións de materiais e produtos para a súa utilización por persoas con algún tipo de discapacidade.
  • Desenvolver novos produtos que faciliten a asimilación de conceptos e que permitan practicar e afianzar rutinas de autonomía persoal.
Síntese do proxecto:

Utilización das novas tecnoloxías a través do deseño e a fabricación de produtos e adestradores que favorezan a autonomía persoal. Ti2=i nace como resposta desde a FP ás demandas de adaptacións específicas comunicadas por diferentes entidades que traballan con persoas que presentan algún tipo de discapacidade, en concreto a ONCE e ASPABER.

Proxecto premiado na Convocatoria innovación 2017 na Modalidade B.

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.