IN12 - Vivenda domótica 3D

Familias profesionais:
Electricidade e electrónica
Centro educativo coordinador: IES Pedra da Auga
Ponteareas
Centros colaboradores:
IES Frei Martín Sarmiento
Obxectivos:
  • Deseñar e construír prototipos de vivendas domóticas, imprimindo a vivenda a escala en 3D e con control de dispositivos con plataformas abertas.
  • Manexar diferentes placas (Arduino nano, Uno, Mega, Seeeduino) co software Arduino, e integrar Openhab cunha Raspberry Pi.
  • Programar diferentes elementos dunha instalación domótica: sensores de temperatura, humidade, intrusión, interruptores, motores, bombas, sirenas, etc.
Síntese do proxecto:

Deseño e desenvolvemento dun prototipo de vivenda domotizada impresa totalmente con impresora 3D. O control dos sensores e actuadores baséase en plataformas Arduino e Raspberry Pi. Na vivenda contrólase e monitorízase a iluminación, a calefacción, a temperatura, os accesos, a intrusión, a presenza de gases, a auga, etc.

Proxecto premiado na Convocatoria innovación 2017 na Modalidade B.
Deseño e desenvolvemento de prototipo de vivenda domotizada
Deseño e desenvolvemento de prototipo de vivenda domotizada
Deseño e desenvolvemento de prototipo de vivenda domotizada
Deseño e desenvolvemento de prototipo de vivenda domotizada

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.