IN20 - Clasificadora de envases en remoto

Familias profesionais:
Electricidade e electrónica
Centro educativo coordinador: CIFP Coroso
Ribeira
Entidades colaboradoras:
Rivelsa
Obxectivos:
  • Pór en marcha un sistema de supervisión remoto que permita verificar o estado e o funcionamento da máquina.
  • Realizar a instalación e a programación dunha máquina clasificadora de envases por parte do alumnado, utilizando as tecnoloxías eléctrica, pneumática e programada.
  • Facer un tratamento de datos relativos ás medicións dos sistemas para crear un rexistro de avarías e elaborar un plan de mantemento.
Síntese do proxecto:

Realización da simulación dunha máquina clasificadora de envases de uso na industria conserveira, integrando tecnoloxías eléctrica, pneumática e programada gobernadas por un PLC, contando cun sistema SCADA e un terminal HMI que son compatibles cunha app específica que permite o control e a supervisión remotos do proceso.

Proxecto premiado na Convocatoria innovación 2017 na Modalidade B.
Innovación no control de proceso dunha máquina clasificadora de envase
Innovación no control de proceso dunha máquina clasificadora de envase
Innovación no control de proceso dunha máquina clasificadora de envase

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.