IN13 - Aeroxerador didáctico asíncrono de eixe horizontal

Familias profesionais:
Electricidade e electrónica
Enerxía e auga
Fabricación mecánica
Centro educativo coordinador: CIFP Valentín Paz Andrade
Vigo
Entidades colaboradoras:
Tesla Servicios Integrales de Ingeniería, SL
Obxectivos:
  • Deseñar e construír un aeroxerador asíncrono didáctico a escala que reproduza as tecnoloxías dun equipamento real.
  • Realizar probas e manobras nun equipamento de baixo custo simulando as realizadas nun aeroxerador real conectado á rede.
  • Crear un modelo de aeroxerador real a escala doadamente reproducible polos centros educativos.
Síntese do proxecto:

Construción dun aeroxerador asíncrono de eixe horizontal a escala que permita aos centros educativos disporen dunha maqueta que reproduza os equipamentos e as tecnoloxías usadas no ámbito produtivo. A maqueta incorpora tanto a parte mecánica como a eléctrica dun aeroxerador real, o que posibilita a realización de todas as manobras que se producen nos equipamentos de gran tamaño conectados á rede eléctrica.

Proxecto premiado na Convocatoria innovación 2017 na Modalidade B.
Aeroxerador didáctico. Montaxe a escala dun aeroxerador eólico asíncrono de eixe horizontal
Aeroxerador didáctico. Montaxe a escala dun aeroxerador eólico asíncrono de eixe horizontal
Aeroxerador didáctico. Montaxe a escala dun aeroxerador eólico asíncrono de eixe horizontal

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.