IN23 - Equipamentos de medición da eficiencia enerxética

Familias profesionais:
Electricidade e electrónica
Enerxía e auga
Informática e comunicacións
Instalación e mantemento
Seguridade e medio ambiente
Centro educativo coordinador: IES Universidade Laboral
Culleredo
Centros colaboradores:
IES San Clemente
Obxectivos:
  • Deseñar e construír equipamentos de medición de variables de eficiencia enerxética, con hardware e software libre, baseados en Raspberry Pi.
  • Facilitar a todos os centros educativos a posibilidade de construír os seus propios equipamentos de medición, con custos moi económicos.
  • Proporcionarlles ao alumnado e ao profesorado ferramentas didácticas de medición de variables de eficiencia enerxética e confort.
Síntese do proxecto:

Deseño e fabricación de equipamentos de baixo custo para a medida de variables de eficiencia enerxética (temperatura, humidade, ruído, gases, etc.) mediante software e hardware libre baseado en Raspberry Pi. Creación dunha web específica que permita a visualización en tempo real das medidas realizadas.

Contacto:
Proxecto premiado na Convocatoria innovación 2017 na Modalidade B.
Equipos de medición para a eficiencia enerxética en hardware libre (EMEEHL)
Equipos de medición para a eficiencia enerxética en hardware libre (EMEEHL)
Equipos de medición para a eficiencia enerxética en hardware libre (EMEEHL)
Equipos de medición para a eficiencia enerxética en hardware libre (EMEEHL)

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.