IN26 - Maquetaxe e modelización estrutura offshore

Familias profesionais:
Fabricación mecánica
Transporte e mantemento de vehículos
Centro educativo coordinador: CIFP Someso
A Coruña
Centros colaboradores:
CIFP Ferrolterra
IES de Fene
IES María Sarmiento
Entidades colaboradoras:
Navantia
TMG (Talleres Mecánicos Galicia)
Universal Robots
Obxectivos:
  • Executar todos os procesos de fabricación dunha estrutura offshore eólica mariña de última xeración.
  • Crear novos recursos didácticos interdisciplinares para a simulación de todos os procesos reais dun proxecto complexo.
  • Capacitar o alumnado no manexo de novas técnicas e tecnoloxías usadas na fabricación de estruturas mariñas.
Síntese do proxecto:

Fabricación a escala dunha estrutura offshore eólica mariña de última xeración. Simulouse desde o comezo do proxecto o proceso completo de fabricación da estrutura, familiarizando o alumnado coa produción dun elemento real nun proceso de fabricación relativamente complexo.

Proxecto premiado na Convocatoria innovación 2017 na Modalidade B.

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.