IN19 - Adestrador de instalacións navais

Familias profesionais:
Fabricación mecánica
Centro educativo coordinador: CIFP Ferrolterra
Ferrol
Centros colaboradores:
IES de Fene
Entidades colaboradoras:
Talleres Mecánicos Galicia S.L.
Navantia Ría de Ferrol
Obxectivos:
  • Realizar o deseño mecánico e establecer os procesos de construción para a elaboración da estrutura dun bloque naval.
  • Analizar os procedementos de calidade e de prevención de riscos laborais e ambientais para realizar os traballos consonte a normativa vixente.
  • Obter un adestrador para empregarse na simulación de traballos en altura, no manexo de cargas e nas montaxes eléctricas e mecánicas.
Síntese do proxecto:

Deseño e fabricación dun bloque independente dun barco que permita ser usado como adestrador na simulación das condicións habituais de traballo na construción naval de tipo modular. Este sistema de construción é o máis empregado na industria naval da comarca de Ferrol.

Proxecto premiado na Convocatoria innovación 2017 na Modalidade B.
Proxecto Francobordo: adestrador de instalacións navais
Proxecto Francobordo: adestrador de instalacións navais
Proxecto Francobordo: adestrador de instalacións navais

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.