IN29 - Anti-Velutina

Familias profesionais:
Electricidade e electrónica
Madeira, moble e cortiza
Centro educativo coordinador: CIFP Politécnico de Santiago
Santiago de Compostela
Entidades colaboradoras:
Proxecto Open Source Beehives
CIMUS, USC
Obxectivos:
  • Deseñar, construír, rexistrar e probar unha trampa de baixo custo e mantemento, que sexa selectiva contra o ataque das velutinas.
  • Construír, modificar e adaptar ao uso do modelo de trampa deseñado unha colmea do proxecto Open Source Beehives.
  • Deseñar os adaptadores necesarios para asociar o modelo de trampa ás colmeas tradicionais, tipo lanstron, dadant, etc.
Síntese do proxecto:

Deseño e construción dun sistema de baixo custo contra o ataque da avespa velutina ás abellas. O deseño asóciase aos apiarios, utilizándoos como cebo, coa finalidade de facilitar o control da praga nas colmeas, controlando así a expansión da velutina. A trampa evita a captura de abellas, eliminando os problemas das trampas estándar.

Máis información:
Anti-Velutina
Anti-Velutina
Anti-Velutina
Anti-Velutina
Anti-Velutina
Anti-Velutina

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.