IN11 - TOPSCAN+URBAN+3DMAQ

Familias profesionais:
Edificación e obra civil
Centro educativo coordinador: CIFP Someso
A Coruña
Entidades colaboradoras:
Global Geosystems
Obxectivos:
  • Dixitalizar espazos urbanos e edificacións con tecnoloxías laser scanner 3D.
  • Formar o alumnado no manexo de novos equipamentos para a realización de proxectos relacionados coa familia de Edificación e obra civil.
  • Fomentar o emprendemento do alumnado coas novas posibilidades de emprego que aparecen co uso de novas tecnoloxías na edificación.
Síntese do proxecto:

Dixitalización de espazos urbanos e edificacións existentes, proxectos de reordenación de espazos urbanos libres de barreiras arquitectónicas e maquetaxe mediante software BIM e impresión 3D, favorecéndolle ao alumnado o uso de novas tecnoloxías e ferramentas na realización de traballos de edificación e obra civil.

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.