IN27 - Mobiliario paramétrico

Familias profesionais:
Madeira, moble e cortiza
Centro educativo coordinador: CIFP Politécnico de Santiago
Santiago de Compostela
Obxectivos:
  • Realizar novos produtos dun deseño actual e innovador que permitan dar a coñecer o traballo realizado no centro educativo.
  • Deseñar e producir moblaxe paramétrica que sirva como ferramenta para a aprendizaxe e manexo de control numérico.
  • Mellorar a empregabilidade do alumnado coa fabricación de novos produtos co uso de ferramentas CAD-CAM.
Síntese do proxecto:

Deseño e construción de moblaxe paramétrica para creación dun contorno realizada a través dunha montaxe e ensamblaxe sen utilización de elementos auxiliares. A execución do proxecto desenvólvese co uso de tecnoloxía CNC e CAD-CAM, o que favorece a destreza do alumnado no uso destas ferramentas.

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.