IN21 - Visor táctil para arqueiros invidentes

Familias profesionais:
Electricidade e electrónica
Fabricación mecánica
Instalación e mantemento
Centro educativo coordinador: CIFP Ferrolterra
Ferrol
Entidades colaboradoras:
Club Arco A Frouxeira
Obxectivos:
  • Realizar o deseño e a fabricación dun posicionador con trípode para o visor táctil usado no tiro con arco por persoas invidentes.
  • Facilitar a integración e a participación nas competicións deportivas de persoas con diversidade funcional.
  • Pór á disposición das organizacións de axuda a persoas con discapacidade a capacidade de innovación da Formación Profesional.
Síntese do proxecto:

Deseño e fabricación dos utensilios necesarios para permitir practicar o deporte de tiro con arco a unha persoa invidente. Concretamente, realízase un posicionador de pés e un trípode para o visor táctil, que permiten a participación das persoas invidentes nas competicións desta disciplina deportiva.

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.